Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Axudas para a promoción do turismo cultural
Axudas para a promoción do turismo cultural PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Xuño 2011 12:39

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Axudas para a promoción do turismo cultural para o ano 2011.


O obxecto da mesma, do Ministerio de Cultura, está dirixida a proxectos dirixidos ao fomento e difusión de produtos turísticos culturais que afecten a máis dunha comunidade autónoma para cumprir as seguintes finalidades:
- Fomentar e difundir España como destino turístico cultural.
- Garantir a accesibilidade ao consumo turístico-cultural.
- Promocionar o consumo dos recursos culturais por parte dos turistas estranxeiros que viaxan a España.
- Establecer as bases estruturais para a promoción internacional do turismo.
- Para a promoción da oferta museística española, artes escénicas, destinos e produtos turísticos     situados entorno a grandes rutas culturais e a ampliación da imaxe turístico-cultural de España nos mercados internacionais, entre outros.

Os beneficiarios da mesma son persoas xurídicas sen ánimo de lucro e o prazo para a presentación destas solicitudes remata o 09 de xullo do 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>