QUE É O CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES-CIM?É un servizo de ámbito comarcal e local, totalmente gratuíto, que ofrece atención permanente para as necesidades de todas as mulleres, de xeito anónimo e confidencial. Recíbense apoios da Secretaría Xeral da Igualdade e do Instituto de la Muller. QUE METAS PERSEGUE?Igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.Plena incorporación da muller na vida social, cultural, económica e política na sociedade.A QUEN VAI DIRIXIDO?Poden acudir todas as mulleres do Concello de Verín e da comarca que se sintan desfavorecidas ou precisen información ante calquera cuestión persoal, familiar ou laboral.QUE SERVIZOS OFRECE??INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOBRE RECURSOS SOCIAIS
INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOBRE RECURSOS PSICOLÓXICOS:
INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOBRE RECURSOS XURÍDICO-LEGAIS:
QUEN ATENDERÁ AS DEMANDAS?As persoas que acudan ao CIM terán a súa disposición unha Traballadora Social, unha Avogada e unha Psicóloga, as dúas últimas con cita previa.Como contactar con nósA nosa oficina está situada na Casa da Xuventude na Avenida de Portugal 11. |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |