Presentación da Axenda Cultural Eurocidade Chaves - Verín |
Xoves, 31 Xullo 2008 17:41 |
Esta mañá, o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán presentou a Axenda Cultural Eurocidade Chaves-Verín, pertencente ao mes de agosto. VERÍN: Do 31 de xullo ao 21 de agosto: - Humor e palabra (exposición de fondos do Museo do Humor [Fene-A Coruña]) na Casa do Escudo. Horarios de visita: das 10 ás 22 horas, de martes a sábados; das 13 ás 22 horas, domingos e luns. Do 24 de agosto ao 12 de setembro: - Exposición 1ª Cosecha na Casa do Escudo. Horarios de visita: das 10 ás 22 horas, de martes a sábados; das 13 ás 22 horas, domingos e luns. 1 de agosto: - Ás 12 horas, Contos para rir e pensar na Casa da Cultura de Verín (acto para nenos e nenas de 8 a 12 anos). Narradores/as: Vítor Melo (Chaves) e Raquel Queizás. - Historias frescas para tardes quentes (19 horas, Centro de Servizos Sociais de Verín; 17 horas, Rectoral de Pazos; 21 horas, Casa do Pobo de Tamaguelos), con Helena Faria (Coimbra), José Luis Gutierrez “Guti” (Aliste-Zamora) e Raquel Queizás. - Ás 20.15 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, presentación do libro Atlas histórico da Galiza. Artur Alonso Novelhe (presentador), José Manuel G. Ribeira e José Manuel Barbosa (autores),e Heitor Rodal (editor). - Na praza García Barbón de Verín, La Biblioteca Mágica de Teatre Arca (Barcelona), ás 23 horas. 2 de agosto: - Ás 19 horas, na praza García Barbón, A Casa do Poeta. - Na Casa da Cultura de Verín, representación da obra de teatro infantil O Tio Misérias, por Fantoches Baj (Lisboa), ás 20 horas - Ás 20 horas, arruada por Verín de L Bombo (Miranda do Douro-Portugal), Trío La Guadaña (Puebla de Sanabria-Zamora) e Cuarteto Verín. - Na praza García Barbón de Verín, concerto-homenaxe a Manuel Rodríguez “Manoliño”, coa actuación de L Bombo (Miranda do Douro-Portugal), Trío La Guadaña (Puebla de Sanabria-Zamora), Cuarteto Verín, Rubén Vázquez Delgado (gaita irlandesa), Xan Aparicio (gaita en do) e Manuel Rodríguez “Manoliño” trío. Ás 23 horas. 3 de agosto: - Ás 20 horas, polas rúas de Verín, O Cabaré Ambulante da Compañía Teatral Femme Fatale (A Coruña). - Na Casa da Cultura de Verín, recital-presentación do libro A vida nova de Madame Bovary, con Xosé Carlos Caneiro (autor) e José Manuel Salgado Rodríguez (guitarrista). Ás 23 horas. 7 de agosto: - Cinema Masacre (Ven y mira) de Elem Klimov. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín). 9 e 10 de agosto: - III Feira do Viño da D.O. Monterrei (organiza Consello Regulado da D.O. Monterrei, Concello de Verín, Deputación Provincial, Inorde e Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia). - Deporte Maratón 3 x 3 senior de baloncesto. Pavillón de Deportes de 16 ás 22 horas. Organiza C.B. Xuventude Verín en colaboración co Concello de Verín. 11 a 14 de agosto: - Deporte na Rúa. Na Praza García Barbón de 16 a 21 horas. 14 de agosto: - Cinema Un asunto de mujeres de Claude Chabrol. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín). - Animación de rúa Adelén e Ansuiña (grupo de gaitas), na zona histórica de 19 a 21.30 horas. Organiza Vai de Camiño 2008 en colaboración co Concello de Verín. - Concerto Folc Pepe Vaamonde & Grupo e Susana Seivane na Praza García Barbón (22.30 horas). Organiza Vai de Camiño 2008 en colaboración co Concello de Verín. 15 de agosto: - Acto religioso no día da patroa de Verín, Santa María “A Maior”, na Igrexa Parroquial ás 11.15 horas. - XXV Xornadas de Folclore Internacional, na Praza García Barbón ás 22.30 horas. Participación dos grupos de folclore de México, Chile, Taiwan, Xeorxia e Serbia. Organiza a Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Verín. 16 de agosto: - Festa infantil na praia fluvial, de 17 a 20 horas. Organiza o Concello de Verín. - Espectáculo Dance-Show na Praza García Barbón, ás 23.30 horas. Organiza o Concello de Verín. 17 de agosto: - Concerto Folc de Xosé Manuel Budiño na Praza García Barbón, ás 23 horas. Organiza Caixanova en colaboración co Concello de Verín. 18 de agosto: - Cinema Scarface de Howard Hawks. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín). 19 de agosto: - Cinema La senda tenebrosa de Delmer Daves. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín). 20 de agosto: - Cinema El beso del asesinno de Stanley Kubrick. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín). 21 de agosto: - Cinema Código del Hampa de Donald Siegel. Casa da Cultura ás 22.45 horas (organiza Cine-Clube Nosferatu en colaboración co Concello de Verín). CHAVES: Do 16 de xuño ao 30 de agosto (Bienal de arte Chaves’2008): - Exposición de artes plásticas “Dúas xeracións da Escola do Porto” (Armando Alves, Jorge Pinheiro, José Rodrigues e Júlio Resende). Na Biblioteca Municipal de Chaves. Horarios de visita: das 9 ás 19 horas, de luns a venres; das 9 ás 13 horas, sábados. - Exposición colectiva de artes plásticas de artistas flavienses. Na Sala Multiusos do Centro Cultural de Chaves. Horarios de visita: das 10 ás 12 horas e de 14 ás 18.30 horas, de luns a venres; das 16 ás 19 horas, sábados e domingos. Organiza Cámara Municipal de Chaves, Associaçiâo Chaves Viva é Árvore e Cooperativa de Actividades Artísticas. 1 de agosto: - Banda musical de Rebordondo no Jardim Público ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves. 7 de agosto: - Fados Mitorga en Largo General Silveira ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves. 8 de agosto: - Banda musical flaviense “Os Pardais” en Largo General Silveira ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves. 14 de agosto: - Concerto Toques do Caramulo en Largo General Silveira ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves. Do 16 ao 18 de agosto: - Festas en honra do Santiago do Meiral e Nossa Senhiora da Expectaçâo (Mairos-Chaves). Do 16 ao 22 de agosto: -XI Semana cultural de Vilarelho da Raia, no Centro Cultural, a partir das 21.30 horas. Organiza o Centro Social, Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia. 19 de agosto: - XXV Xornadas de Folclore Internacional, na Praça de Camôes ás 22 horas. Participación dos grupos de folclore de México, Chile, Taiwan, Xeorxia e Serbia. Organiza a Deputación de Ourense en colaboración con Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves. 20 de agosto: - Animación latina Estúdio de Baile Bayazo, en Largo General Silveira ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves. 22 de agosto: - Banda musical da Torre de Ervededo no Jardim Público ás 22 horas. Organiza Chaves Viva e Cámara Municipal de Chaves. 23 e 24 de agosto: - Festividades en honra do Señor das Almas. Organiza a Comissâo de Festas do Señor das Almas. |