Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Pleno Extraordinario Urxente | 10 de outubro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Outubro 2023 11:35

Tras aprobar con 12 votos a  favor  (7 PSdeG-PSOE e  5 BNG) e  4 votos en contra do Partido Popular a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión ordinaria, quedando ratificada por unanimidade.

Ler máis...
 
Cheo absoluto na primeira proxección infantil do Ciclo Mestre Mateo en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 09 Outubro 2023 12:12

Hoxe, no Auditorio Municipal de Verín, deu comezo o Ciclo Mestre Mateo coa primeira das proxeccións destinadas ao público infantil. Nesta primeira sesión, un total de 351 nenos e nenas procedentes dos centros educativos da comarca tiveron a oportunidade de desfrutar da película "Valentina", dirixida por Chelo Loureiro. A concelleira de Cultura, Samanta Barreira, foi a encargada de dar a benvida a cativada.

Ler máis...
 
Teatro Rural pola Corresponsabilidade leva "A Misión Secreta de Gala" a Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Setembro 2023 12:44

O Centro de Información á Muller, en colaboración cos 7 concellos da Mancomunidade de Verín, presenta unha nova actividade enmarcada no proxecto "Teatro rural pola corresponsabilidade". Esta iniciativa ten como obxectivo promover a igualdade e fomentar a participación paterna na educación en valores dos nenos e nenas da rexión a través do teatro. A función de "A Misión Secreta de Gala" , que será de balde, terá lugar o sábado, 7 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.

Ler máis...
 
Cambio de dirección de circulación na Rúa Laureano Peláez de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Setembro 2023 13:35

O Concello de Verín informa a todos os veciños e veciñas da localidade sobre un importante cambio de dirección de circulación que entrará en vigor o próximo luns 2 de outubro na Rúa Laureano Peláez.

Ler máis...
 
O FIC Vía XIV de Verín atraeu este ano de xeito presencial a 2.500 persoas ao abeiro das súas proxeccións oficiais e actividades paralelas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Setembro 2023 09:49

Arredor de 2.500 persoas participaron durante os nove días que durou o FIC Vía XIV 2023 nalgunha das actividades propostas ao abeiro da axenda do certame, así coma no visionado das curtas presentadas a concurso dentro das diferentes categorías oficiais. Xunto a isto, 100 persoas máis seguiron a gala de clausura e entrega de premios de xeito online. As actividades máis exitosas deste ano foron o pase que Pepe Viyuela ofreceu no auditorio da súa obra Encerrona, que colgou o cartel de completo enchendo as 350 butacas do recinto, e tamén a actividade infantil Vémonos no futuro. Esta última, dirixida pola narradora oral Raquel Queizás, convidou a máis de 500 cativos e cativas de seis centros educativos da comarca a mergullarse na maxia do cinema a través do fío condutor da ciencia ficción e programou unha serie de curtas especificamente orientada para a infancia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 16 de 969
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>