| 
		
										| 
		| Presentación da nova tarxeta de La Caixa coa imaxe do Cigarrón |   |   |   |  
	| Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:17 |  
|  O alcalde e a tenente de alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán e María del Carmen Pardo, respectivamente, e o  director da sucursal La Caixa na localidade, José Luis Francisco, presentaron esta mañá unha nova tarxeta bancaria coa imaxe docigarrón , figura emblemática do Entroido de Verín e o simbólico Castelo de Monterrei. Esta iniciativa, proposta dende a entidade municipal, ten como obxectivo promocionar a imaxe do noso personaxe máis representativo do Entroido de Verín, así como, tamén a oferta complementaria da zona, representada a través do Castelo de Monterrei e outros actractivos turísticos da localidade. Non nos cabe dúbida de que, ademais, esta actuación favorecerá a actividade comercial da entidade, e así o esperamos, xa que a maioría dos verinenses, tanto os residentes aquí como no exterior, estarán encantados de  levar na súa carteira a imaxe docigarrón . |  
		| Ampliación do número de prazas no curso de portugués da Eurocidade Chaves-Verín |   |   |   |  
	| Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:16 |  
| Debido ao elevado número de inscritos nos cursos de portugués ofertados no marco da Eurocidade Chaves-Verín, ábrese a posibilidade de aumentar os grupos para ampliar o número de prazas, dado que xa se atopan inscritas máis de 50 persoas.
 |  
	| Ler máis... |  
		| Programa turístico de benestar Eurocidade Chaves-Verín: A Eurocidade da Auga. Un destino, dous países |   |   |   |  
	| Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:14 |  
| A Eurocidade Chaves-Verín, co fin de promocionarse como un destino termal, puxo en marcha un programa turístico de benestar con varias opcións de aloxamento e restauración e con modalidades de 1, 2 e 3 días de duración.
 |  
	| Ler máis... |  
		| 6º Torneo Eurocidade de Fútbol-Sala Interparroquial |   |   |   |  
	| Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:14 |  
| Desde marzo a xuño, a Eurocidade Chaves-Verín acollerá o 6º Torneo de Fútbol-Sala Interparroquial, unha actividade con tradición na cidade lusa de Chaves e que o concello flaviense propuxo estender, no ámbito do proxecto que compartimos, ao noso municipio. 
 |  
	| Ler máis... |  
		| Exposición ‘Óleos e debuxos’ de Manuela Sánchez |   |   |   |  
	| Martes, 20 Xaneiro 2009 11:06 |  
| Dende hoxe, 20 de xaneiro, ata o 7 de febreiro a Casa do Escudo de Verín acollerá a mostra ‘Óleos e debuxos’ da artista verinense Manuela Sánchez. |  
	| Ler máis... |  |  | 
	|  | 
	| << Inicio < Anterior 971 972 973 974 975 976 977 978 979 980 Seguinte > Final >> 
 
 | 
	| Páxina 980 de 1003 |