Certames “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” e “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” |
|
|
|
Venres, 03 Abril 2009 10:39 |
Co fin de fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.
|
Ler máis...
|
Concentración de Maios Enrique Gómez Pato. Festa dos Maios 2009 |
|
|
|
Xoves, 02 Abril 2009 11:56 |
Na década dos cincuenta do pasado século, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de musgo e plantas silvestres. O carón dos maios ou agochado no seu interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade crítica. En lembranza deste home que lle deu un novo pulo a esta manifestación da nosa cultura popular e para promover a creación de maios entre as asociacións, institucións e centros de ensino, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios artísticos, tradicionais e humanos, con divulgación de coplas cantables, que se rexerá polas seguintes bases:
|
Ler máis...
|
Cantares e tocares, concerto didáctico na Casa da Cultura de Verín |
|
|
|
Mércores, 01 Abril 2009 10:20 |
Ensemblementa, orquestra de corda e clavecín, preséntase o vindeiro sábado día 4, ás 12 horas,na Casa da Cultura de Verín co concerto Cantares e tocares, nun acto patrocinado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e o Concello de Verín.
|
Ler máis...
|
Presentación da Guía imprescindible de electroestimulación |
|
|
|
Luns, 30 Marzo 2009 12:49 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá o próximo luns 6 de abril, a partir das 20.15 horas, a presentación do libro Guía imprescindible de electroestimulación de Piti Pinsach.
|
Ler máis...
|
Inicio do curso ‘Coidador/a de atención no fogar de persoas dependentes’ |
|
|
|
Luns, 30 Marzo 2009 12:48 |
O próximo 1 de abril, na Casa da Xuventude, comezará a actuación formativa ‘Coidador/a de atención no fogar de persoas dependentes’, incluída no Proxecto Innova Emprego Ourense. Devandita acción formativa consta de dúas fases, unha de carácter teórico que se estenderá durante 2 meses en horario de 9 a 14 horas; e a segunda, de carácter práctico, cunha duración de tres meses.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 951 952 953 954 955 956 957 958 959 960 Seguinte > Final >>
|
Páxina 957 de 987 |