Venres, 18 Setembro 2009 10:50 |
O Pavillón de Deportes de Verín acollerá mañá, 19 de setembro, o partido entre o Clube Ourense Baloncesto (COB)-Aguas de Sousas e Beirasar Rosalía de Santiago. Neste enfrontamento, que será a partir das 20 horas, a entrada é gratuíta. |
Almorzos e merendas saudables no programa ‘Concellos Saudables’ |
|
|
|
Xoves, 17 Setembro 2009 10:57 |
O Concello de Verín, no marco do programa ‘Concellos Saudables’ financiado pola Consellería de Sanidade, continuará durante este curso escolar coas seguintes actividades:
- Almorzos saudables, unha hora antes do comezo do horario escolar, no CEIP Princesa de España, Educación Infantil Amaro Refojo, CEIP Amaro Refojo e CPR María Inmaculada.
- Merendas saudables, unha hora despois do remate do horario escolar, nas escolas unitarias de Pazos e Feces de Abaixo (martes e xoves).
|
Ler máis...
|
Xoves, 17 Setembro 2009 10:57 |
Do 17 ao 23 de setembro a Casa do Escudo de Verín acollerá InfantArt 2009, unha mostra dos traballos realizados no curso 2008-2009 nas aulas de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín.
|
Ler máis...
|
Modificación das canles de TDT en Verín |
|
|
|
Xoves, 10 Setembro 2009 19:13 |
Debido a coordinación internacional de frecuencias e por indicación da Administración do Estado, no centro emisor de Verín modificaranse as seguintes frecuencias múltiples de TDT:
- MUX 67 (Cuatro, CNN+, 40 Latino e La Sexta): pasarase a emitir na canle 35 UHF. - MUX 69 (A3 A3 Nova, A3 Neox e Gol TV): pasarase a emitir na canle 38 UHF.
|
Ler máis...
|
A Eurocidade Chaves-Verín convoca novos cursos de formación de lingua portuguesa |
|
|
|
Luns, 31 Agosto 2009 12:05 |
Debido ao éxito das dúas edicións anteriores e o elevado número de persoas que quedaron en lista de espera, a Eurocidade Chaves-Verín convoca novamente dous cursos de portugués, un básico e outro de perfeccionamento, de 2 meses de duración, a iniciar a finais do mes de setembro. A primeira reunión informativa terá lugar o 21 de setembro, no salón de actos da Casa da Cultura ás 20.30 horas, onde se marcarán os horarios e días que mellor se adapten ás necesidades dos interesados. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 941 942 943 944 945 946 947 948 949 950 Seguinte > Final >>
|
Páxina 944 de 995 |