A Tropa de Trapo actúa en Verín no Día Internacional da Tolerancia |
|
|
|
Venres, 12 Novembro 2010 12:11 |
A compañía A Tropa de Trapo, grupo especializado en narracións orais con música en vivo, actuará o martes día 16 de novembro ás 10.30 horas no IES Xesús Taboada Chivite, co espectáculo Contos coas mans abertas. O acto celébrase con motivo do Día Internacional da Tolerancia, e enmárcase nunha xira -que conta en Verín colaboración do Concello- patrocinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que comezou no mes de xuño e rematará en decembro cunha vintena de actuacións.
|
Ler máis...
|
Entrega de diplomas do 1º Curso de Portugués Técnico |
|
|
|
Mércores, 10 Novembro 2010 10:56 |
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entregou os diplomas aos/ás alumnos/as participantes no 1º Curso de Portugués Técnico, organizado desde o ente municipal, e enmarcado dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).
|
Ler máis...
|
Concurso de ideas para a selección do anteproxecto de construción do Centro das Artes Municipal de Verín |
|
|
|
Venres, 29 Outubro 2010 16:04 |
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán presentou esta mañá a convocatoria do concurso de ideas destinado a seleccionar un anteproxecto que sirva de base ao proxecto de construción do Centro das Artes Municipal de Verín, grazas ao convenio asinado coa Consellería de Cultura e Turismo, de carácter plurianual, e cunha dotación de 230.000 euros.
|
Ler máis...
|
A Consellería de Traballo e Benestar concede unha nova escola-obradoiro ao Concello de Verín |
|
|
|
Venres, 29 Outubro 2010 16:03 |
A Consellería de Traballo e Benestar concedeu, por segundo ano consecutivo, ao Concello de Verín unha escola-obradoiro para a formación de 22 persoas desempregadas do municipio -inscritas na Oficina de Emprego como desempregados-, con idades comprendidas entre os 16 e 25 anos.
|
Ler máis...
|
4º EMAX – Encontro e Mostra Asociativa Xuvenil de Portugal e Galicia |
|
|
|
Venres, 29 Outubro 2010 16:01 |
O 20 e 21 de novembro, o pavillón municipal da cidade lusa de Chaves acollerá a cuarta edición do EMAX – Encontro e Mostra Asociativa Xuvenil de Portugal e Galicia, destinado a asociacións xuvenís e grupos informais de mozos/as. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 891 892 893 894 895 896 897 898 899 900 Seguinte > Final >>
|
Páxina 891 de 995 |