'Tomando as Rendas' na Aula CeMIT de Verín |
|
|
|
Luns, 04 Xuño 2012 13:36 |
A aula CeMIT do Concello de Verín promove a actividade 'Tomando as Rendas', destinada ao fomento do autoemprego e o emprendemento entre as mulleres das zonas rurais que teñen á súa arredor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para poñer en marcha as súas propias empresas.
|
Ler máis...
|
Torneos de Fútbol, Tenis e Fútbol Sala na VI Xornada de Deporte e Saúde |
|
|
|
Luns, 04 Xuño 2012 13:34 |
Durante o pasado sábado 1 de xuño, o Concello de Verín organizou a sexta edición da Xornada de Deporte e Saúde, co obxecto de promover o benestar e a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. Esta iniciativa, na que tamén colaboraron Municipio de Chaves, Eurocidade Chaves-Verín, Cabreiroá, Saudeter e HortoVerín, tivo lugar no complexo deportivo A Granxa. |
Ler máis...
|
Verín programa a sexta edición da Xornada de Deporte e Saúde |
|
|
|
Venres, 01 Xuño 2012 12:50 |
Na xornada de mañá, o complexo deportivo de A Granxa acollerá a sexta edición da Xornada de Deporte e saúde organizada polo Concello de Verín, co obxecto de promover o benestar e a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. Esta iniciativa, na que tamén colaboran Municipio de Chaves, Eurocidade Chaves-Verín, Cabreiroá, Saudeter e HortoVerín, terá lugar de 9.30 a 20.30 horas.
|
Ler máis...
|
Axudas a pemes en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia |
|
|
|
Xoves, 31 Maio 2012 11:45 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a pemes en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2012.
|
Ler máis...
|
Liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica |
|
|
|
Xoves, 31 Maio 2012 11:38 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación das bases reguladoras dunha liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar ás empresas galegas o acceso a financiamento destinado ao inicio ou incremento da súa actividade exportadora, instrumentadas mediante convenio coas entidades colaboradoras (Programa Re-Export 2012).
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 791 792 793 794 795 796 797 798 799 800 Seguinte > Final >>
|
Páxina 797 de 1000 |