|
Constituído o comité de seguimento para a xestión e ordenación común da Cunca Hidrográfica do Támega |
|
|
|
|
Martes, 14 Marzo 2023 17:00 |
|
Onte, 13 de marzo, tivo lugar unha reunión na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, na que representantes do municipio de Chaves, do Concello de Verín, da Axencia Portuguesa de Ambiente e da Confederación Hidrográfica do Douro constituíron o Comité de Seguimento para a xestión e ordenación común da cunca hidrográfica do Támega. |
|
Ler máis...
|
|
O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a charla coloquio “Muller emigrante: dobre vida cara ao esquecemento” |
|
|
|
|
Martes, 14 Marzo 2023 12:50 |
|
O vindeiro xoves 16 de marzo, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a charla coloquio “Muller emigrante: dobre vida cara ao esquecemento”, con Sonia Torre, xornalista e investigadora como relatora convidada. |
|
Ler máis...
|
|
Verín inaugura o seu monumento ao moteiro |
|
|
|
|
Domingo, 12 Marzo 2023 17:17 |
|
Desde esta mañá, Verín conta cun monumento ao moteiro, inaugurado na avenida de Castela (á altura do nº87). O acto inaugural contou coa asistencia do tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo Moura, e do presidente do “Vespas Clup Verín”, Miguel Ángel Domínguez Rosas; entre outros representantes da asociación así como de numerosos amantes destes vehículos de dúas rodas. |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Verín presenta ante alcaldes de Vilas Termais de toda España o potencial das súas augas mineiro medicinais |
|
|
|
|
Sábado, 11 Marzo 2023 11:43 |
|
A Sección de Entidades Locais con Augas Mineiro-Medicinais e Termais, constituída no seo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), reúnese os días 9, 10 e 11 de marzo de 2023 no Balneario de Arnoia Caldaria para debater os temas de interese das Vilas Termais de España. No marco do devandito simposio nacional, o alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, deu a coñecer o patrimonio da vila do Támega e as súas augas mineiro medicinais a alcaldes de Vilas Termais de toda España. O encontro tivo lugar hoxe venres 10 de marzo nos balnearios de Cabreiroá e Caldeliñas. |
|
Ler máis...
|
|
A Biblioteca de Verín presenta a sexta edición das súas Xornadas de Novela Histórica |
|
|
|
|
Venres, 03 Marzo 2023 11:16 |
|
Os vindeiros 31 de marzo e 1 de abril, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín converterá, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a sexta edición das “Xornadas de Novela Histórica”. Esta vez baixo o título de “Historia e Misterios”, contará coa presenza de cinco autores e autoras de primeiro nivel dentro de este xénero literario, entre os que se encontran o Premio Planeta 2017, Javier Sierra, e a Premio Planeta 2022, Luz Gabás. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 68 de 1003 |