|
O destino Chaves-Verín promóvese en Expocidades 2014 |
|
|
|
|
Xoves, 26 Xuño 2014 11:21 |
|
Do 04 ao 06 de xullo terá lugar en Pontevedra a Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico 'Expocidades', na que participarán os municipios integrantes da Eurorrexión, como a Eurocidade Chaves-Verín, para amosar as súas potencialidades turísticas e promover devanditos territorios como destinos turísticos de proximidade.
|
|
Ler máis...
|
|
ACNUR analiza o incremento mundial das persoas refuxiadas no ecuador dos encontros #Alén2015 |
|
|
|
|
Xoves, 26 Xuño 2014 10:01 |
|
Amaia Celorrio, responsable de Relacións Públicas e Contido do Comité Español da Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR), estará nas redes sociais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no ecuador dos encontros dixitais #Alén2015. Despois de coñecer o informe anual da organización o pasado 20 de xuño, Día Mundial das Persoas Refuxiadas, no que se pon de manifesto que o número de desprazados e solicitantes de asilo en todo o mundo superou os 50 millóns de persoas por primeira vez desde a Segunda Guerra Mundial, a especialista en Relacións Internacionais e Comunicación analizará as causas deste incremento, as medidas que se están a tomar desde ACNUR para atenualas ou as tendencias globais rexistradas neste sentido pola a entidade, entre outros temas. |
|
Ler máis...
|
|
Programa de incentivos á formación e contratación |
|
|
|
|
Xoves, 26 Xuño 2014 08:04 |
|
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da orde do 13 de xuño de 2014, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación e contratación -Programa Forcon-cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
|
|
Ler máis...
|
|
'Arte Infantil' na Sala de Exposicións de Verín |
|
|
|
|
Mércores, 25 Xuño 2014 12:15 |
|
O venres día 27 de xuño, ás 20 horas, a concelleira de Cultura María Corona Meixeira inaugurará na Sala de Exposicións de Verín a mostra 'Arte Infantil', que presenta obras realizadas polo alumnado das Aulas de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios. |
|
Ler máis...
|
|
A Eurocidade Chaves-Verín AECT presenta os resultados dos seus proxectos no 'I Foro Hispano-Luso de Cooperación Transfronteiriza' |
|
|
|
|
Mércores, 25 Xuño 2014 12:14 |
|
Mañá xoves 26 de xuño, a Eurocidade Chaves-Verín AECT estará presente no 'I Foro Hispano-Luso de Cooperación Transfronteiriza', onde se presentarán os resultados dos seis proxectos de cooperación transfronteiriza realizados polos municipios de Chaves e Verín no período 2007-2014. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 611 612 613 614 615 616 617 618 619 620 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 612 de 1008 |