Verín acollerá a primeira parada de O Camiño Inmersivo. |
|
|
|
Xoves, 05 Setembro 2019 12:01 |
O Camiño Inmersivo é unha proposta cultural baseada do cinema inmersivo que se estrenará o vindeiro sábado, 7 de setembro, en Verín. É un proxecto que visitará varias localidades galegas como unha proposta cultural enmarcada dentro das actividades vencelladas á promoción do vindeiro Xacobeo 2021 En cada parada, O Camiño Inmersivo dará a oportunidade aos visitantes de participar nunha viaxe no tempo que os mergullará no misticismo das lendas que salpican o Camiño de Santiago. En Verín levaranse a cabo as seguintes inmersións: |
Ler máis...
|
Verín preparase para celebrar a V Feira da Cervexa Artesá e da Artesanía Medieval. |
|
|
|
Xoves, 05 Setembro 2019 11:52 |
Onte, 4 de setembro, o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostelería, Manuel Lorenzo Feijóo, e o director de ADICCAG (Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá de Galicia), Pablo Casanova, presentaron na casa consistorial o programa da V Feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval. Esta actividade organizada por ADICCAG, coa colaboración do Concello de Verín, terá lugar os vindeiros días 13, 14 e 15 de setembro na Praza Maior verinesa. |
Ler máis...
|
A obra teatral "Curva España" chega a Verín. |
|
|
|
Martes, 03 Setembro 2019 13:58 |
O vindeiro sábado, 28 de setembro, ás 21.00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a representación da obra "Curva España". Baixo a dirección de Xron, os actores Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco representarán esta obra que xorde entre a realidade e a ficción, entre a historia e a lenda e entre a pantalla e o escenario. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín organiza un curso de interpretación teatral da man do actor verinés Santiago Cañaveral. |
|
|
|
Luns, 02 Setembro 2019 10:19 |
O actor verinés Santiago Cañaveral, en colaboración coa Área de Cultura do Concello de Verín, impartirá un curso de teatro na vila buscando achegar o sétimo arte a mozos e adultos. Os eixos principais serán a expresión corporal e a interpretación, coa orientación da superación dos bloqueos emocionais. Pretendese conseguir traspasar eses medos e que o actor coñeza o seu propio corpo como instrumento fundamental para o método interpretativo. |
Ler máis...
|
O festival Extruga Street enche Verín de música e arte urbano. |
|
|
|
Venres, 30 Agosto 2019 18:45 |
O festival Extruga Street comezou hoxe, 30 de agosto, a súa terceira edición na vila verinesa. Trátase dun evento de carácter urbano que engloba música, arte e deporte e que está organizado pola Asociación LongoDub e o Concello de Verín. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 Seguinte > Final >>
|
Páxina 224 de 1000 |