O Auditorio Munipal acolle o Concerto de Nadal do Conservatorio Elemental de Música de Verín |
|
|
|
Mércores, 11 Decembro 2019 12:37 |
O vindeiro sábado 14 de decembro, ás 18:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Verín o tradicional Concerto de Nadal, interpretado polo alumnado e polos membros da Banda do Conservatorio Elemental de Música de Verín. Este ano contarán como coro invitado coa Coral polifónica Beato Sebastián Aparicio de A Gudiña. |
Ler máis...
|
Aumenta a asistencia ás proxeccións e ás actividades paralelas do FIC Vía XIV de Verín |
|
|
|
Mércores, 11 Decembro 2019 12:32 |
O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, pechou a súa cuarta edición “cun balance positivo” en termos de público e convocatoria, tal e como sinala o seu director, Carlos Montero. Logo de analizar as cifras de asistencia e participación, Montero destaca que se aumentou o número de persoas que acudiu a algunha das proxeccións dentro do concurso oficial, tanto no Auditorio coma na Casa de Cultura. “Fronte a cifra de 1.100 asistentes do ano pasado, neste 2019 o cómputo global indica que foron 1.240 as persoas que visionaron algún dos bloques de curtas”, enfatiza Montero. |
Ler máis...
|
A Biblioteca de Verín acolle a presentación das obras “O alén dos barqueiros” de Anxo Muíños e “Un otoño en la pajarera” de Mónica Graña. |
|
|
|
Mércores, 11 Decembro 2019 11:16 |
O vindeiro venres 13, ás 19:30 horas, a Biblioteca do Concello de Verín acolle a presentación simultánea das obras “O alén dos barqueiros” de Anxo Muiños e “Un otoño en la pajarera” de Mónica Graña. O ensaio e a poesía estarán representados por devanditos autores nunha presentación sobordante de orixinalidade. |
Ler máis...
|
Verín presenta a súa programación de Nadal |
|
|
|
Venres, 06 Decembro 2019 17:52 |
A axenda de actividades de Nadal está composta por máis dunha decena de propostas culturais e de lecer para todos os públicos; entre os que se inclúen concertos, teatro, obradoiros, mercados e feiras específicas, actividades para os centros de maiores, actividade diaria na Ludoteca (para conciliar a vida familiar e laboral), iniciativas sociais e comerciais, xunto coa tradicional cabalgata de Reis.
Do programa do Nadal, que se pode consultar na páxina web do Concello e que será distribuído polos diferentes centros municipais e establecementos comerciais e hostaleiros da vila, caben destacar as seguintes actividades: |
Ler máis...
|
“Frozen 2” e “El Silencio de la Ciudad Blanca” no cinema municipal de Verín |
|
|
|
Martes, 10 Decembro 2019 16:52 |
Durante os días 13, 14 e 15 de decembro, o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “Frozen 2” e “El Silencio de la Ciudad Blanca” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 Seguinte > Final >>
|
Páxina 205 de 1000 |