|
BANDO: FEIRA DO VIÑO 2017 |
|
|
|
|
Luns, 07 Agosto 2017 13:30 |
|
GERARDO SEOANE FIDALGO, alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:
Que con motivo da celebración da XII Feira do Viño da D.O. Monterrei os días 11, 12 e 13 de agosto, e para asegurar o seu bo denvolvemento, o TRÁFICO RODADO QUEDARÁ RESTRINXIDO na zona do recinto feiral de xeito permanente nas datas indicadas.
A CIRCULACIÓN transcorrerá en SENTIDO ÚNICO con acceso pola Rúa Muralla e saída pola Rúa Alameda até a Avenida Luís Espada (N-525)
Pregamos a súa colaboración e esperamos que perdoen as molestias que se poidan ocasionar polas medidas adoptadas.
O que fago público para xeral coñecemento.
Verín, 2 de agosto de 2017. |