| “Los Demonios de un ángel. Segunda parte” na Biblioteca Pública de Verín |
|
|
|
| Mércores, 02 Setembro 2015 09:33 |
|
Con este segundo volume da súa obra, o autor quere mostrar unha nova forma de comprender a vida en estado material. Herbella busca mostrar ao lector a manipulación da sociedade manifestando o abismo social ao descuberto. A obra condúcenos, a xeito de guía, a través dunha nova forma de concibir, e cambiar, o que un cre acertado e que, non obstante, non é máis que ina ilusión producida polo prisma das convencións sociais O primeiro capítulo mostra a reacción dun espertar neste mundo. Para o protagonista é moi difícil abstraerse da realidade que se descobre ante os seus ollos. Os seguintes capítulos trasladan o lector á zona máis sombría do ser,en a cal todos podemos caer. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse na web da Biblioteca, ou no perfil da mesma en Facebook. |