A actriz e dramaturga arxentina Maggi Persíncola presenta en Verín os unipersoais “Minas” e “Abanderada”
Mércores, 15 Outubro 2025 13:18
O Auditorio Municipal de Verín acollerá esta fin de semana dúas propostas teatrais de alto nivel da man da actriz e dramaturga arxentina Maggi Persíncola, que presentará os seus espectáculos “Minas” e “Abanderada”, dúas pezas unipersoais que combinan emoción, humor e reflexión social.
O Concello de Verín abre o prazo para a contratación de persoal laboral temporal nas áreas de Axuda no Fogar e Socorrismo
Domingo, 12 Outubro 2025 00:00
O Concello de Verín vén de publicar o anuncio oficial para a contratación de persoal laboral temporal, co obxectivo de reforzar os servizos municipais de Axuda no Fogar – Dependencia e Socorrismo.
A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Camiños do Subconsciente”, do artista local Lucas Molina
Venres, 10 Outubro 2025 11:36
A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín acollerá, do 14 ao 21 de outubro, a mostra pictórica “Camiños do Subconsciente”, do artista e tatuador verinés, Lucas Molina. A inauguración terá lugar o martes 14 ás 16:00 horas, e contará con música ao vivo.
O XXI Foro da Igualdade de FEMURO pecha en Verín cunha xornada aberta ao público marcada polo cinema social e os testemuños en primeira persoa
Martes, 07 Outubro 2025 12:34
O sábado 4 de outubro, o Auditorio de Verín acolleu a segunda xornada do XXI Foro da Igualdade, organizada por FEMURO, que reuniu a veciñanza,nrepresentantes institucionais e colectivos de mulleres nun encontro arredor da resiliencia e loita das mulleres fronte á violencia de xénero.
Os vindeiros días 10 e 11 de outubro, o Concello celebrará a V edición da Festa da Cervexa de Verín. Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará con varios stands que ofertarán unha variada selección gastronómica e música en directo.