O CRA Monterrei deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2024 de Verín |
|
|
|
Xoves, 25 Xaneiro 2024 15:18 |
O CRA Monterrei deseña o cartel oficial que representará o vindeiro 'Desfile Infantil' do Entroido 2024, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín. |
Ler máis...
|
Concello e D.O Monterrei colaborarán na difusión da imaxe de Verín e os viños da comarca |
|
|
|
Mércores, 24 Xaneiro 2024 13:21 |
O Concello de Verín e a DO Monterrei son as dúas caras máis visibles da comarca. Acoden xuntas a feiras e eventos internacionais, e conforman conxuntamente a maior proxección da imaxe deste territorio. Por este motivo veñen de acordar sumar esforzos para a promoción dos viños e do termalismo, cultura e natureza de Verín. |
Ler máis...
|
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Migración, un viaje patas arriba" e “Aquaman: el reino perdido” |
|
|
|
Luns, 22 Xaneiro 2024 13:35 |
Os días 26, 27 e 28 de xaneiro, o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Migración, un viaje patas arriba" e “Aquaman: el reino perdido” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
Balonmán de elite no municipal de Verín |
|
|
|
Luns, 22 Xaneiro 2024 11:02 |
O Concello de Verín convida a todos os amantes do deporte a que se acerquen ao Pavillón Municipal de Verín o vindeiro venres, 26 de xaneiro, para presenciar un partido amigable entre dous club históricos de primeiro nivel dentro do balonmán peninsular. O encontro dará comezo ás 19.00 horas e terá como protagonistas ao Abanca Ademar de León, da Liga Asobal española, e ao FC Porto, participante da Liga Andebol 1 de Portugal. |
Ler máis...
|
Axudas directas e chamamento á participación activa dos grupos de comadres, principais novidades dos Desfiles de Entroido de Verín |
|
|
|
Xoves, 18 Xaneiro 2024 14:07 |
Á área de Turismo, Cultura e Festexos do Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar nos desfiles do Entroido 2024. A data límite para formalizar a participación será mércores 31 xaneiro. Como novidades, este ano, a organización ofrece axudas directas e fai un chamamento á participación activa nos mesmos dos grupos de comadres. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 8 de 969 |