O Concello de Verín colabora coa DO Monterrei cun mural promocional na praza García Barbón para proclamar que é “Tempo de godello”
Sábado, 16 Decembro 2023 12:22
O Concello de Verín colaborará coa Denominación de Orixe Monterrei coa instalación na Praza García Barbón dun mural xigante coa súa nova imaxe promocional, a campaña “Tempo de godello, tempo de Monterrei”. Durante os meses de duración da campaña, esta inciativa garante a consecución de máis de 30.000 impactos, co que a institución verinesa quere colaborar cun sector fundamental na comarca, do que é partícipe aspira a ser o seu principal escaparate.
Descobre a maxia do Nadal en Verín cunha programación repleta de actividades para toda a familia
Mércores, 13 Decembro 2023 18:48
A vila de Verín prepárase para celebrar unhas festividades cheas de maxia, ledicia e entretemento coa súa completa e variada programación de Nadal completa. Desde feiras e obradoiros temáticos ata concertos, pasando por actividades infantís, eventos deportivos, accións de dinamización do comercio local ou teatro. Una vintena de actividades multicartel para todos os gustos e idades.
Celebrando o espírito do Nadal en Verín: Obradoiro temático de elaboración de coroas florais en colaboración coas florerías Locais
Luns, 11 Decembro 2023 15:48
O ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes de Verín será o escenario dun novo obradoiro temático de creación de coroas florais de Nadal. O mesmo está organizado polo Concello de Verín, en colaboración coas florerías locais da vila; realizándose esta primeira edición coa Florería Lirios. Será o domingo 17 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas.
Presentación da obra "Onde o mundo se chama Servoi" de Francisco Xavier Pérez Álvarez en Verín
Sábado, 09 Decembro 2023 15:35
O 13 de decembro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín será o escenario da presentación da obra "Onde o mundo se chama Servoi" escrita por Francisco Xavier Pérez Álvarez, filólogo e escritor nacido en Servoi no ano 1969.
Apertura do prazo de inscrición Ludonadal - Divírte-t na ludoteca de Nadal
Martes, 05 Decembro 2023 18:21
O xoves 7 de decembro, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dependente da Área de Benestar Social, abre o prazo de inscrición para o “Ludonadal”, a Ludoteca de Nadal destinada a menos e nenas de 3 a 11 anos.