Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
Ciclo de Cinema Árabe PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Xuño 2008 11:05
O ciclo Cinemas Dixitais retorna a Verín co fin de achegar ao público galego unhas obras audiovisuais que non acceden ás plataformas tradicionais de distribución e exhibición: os filmes árabes, que son unha escolma do mais representativo do último cinema xurdido baixo as peculiaridades da cultura árabe.

Esta actividade organizada polo Festival de Cinema Euro-Árabe de Santiago de Compostela e a Axencia Audiovisual Galega, en colaboración co Concello de Verín, ten como fin coñecer outras realidades e a consciencia “do outro”, para comprender mellor a súas singularidades e integrar e respectar mellor as comunidades emigrantes que decidan convivir connosco.

Nesta ocasión, de forma gratuíta, os habitantes de Verín poderán visionar estes filmes desde o 23 ao 26 de xuño, ás 20.15 horas, na Casa da Cultura de Verín.

23 de xuño: Sombras na noite
24 de xuño: Cinturón de lume
25 de xuño: En coche ata Zigzigland
26 de xuño: Máis alá do muro
 
Axudas para titulares de transporte da serie VT-N PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Xuño 2008 10:31
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:
Ler máis...
 
Aprobación prezos públicos para o programa de actividades deportivas 2008 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Xuño 2008 12:15
Visto que, por acordo do Pleno deste Concello, delegouse a competencia para a fixación das tarifas dos prezos públicos na Xunta de Goberno Local, e tendo en conta o dictámen favorable da Comisión Informativa Especial de Contas e de Economía, Facenda e Patrimonio.
Ler máis...
 
Actividades lúdico-deportivas 2008 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Xuño 2008 10:19

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Verín programa para os próximos meses as seguintes actividades:

 

Ler máis...
 
Creación do Banco Local de Aluger Empresarial PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Xuño 2008 12:48

A partir do próximo 15 de xuño, o Concello de Verín porá en marcha a creación do Banco Local de Aluguer Empresarial.

Esta iniciativa permitirá que os interesados en ofrecer locais teñan no Concello un servizo gratuíto para a súa divulgación; e que os demandantes, unha ampla oferta centralizada onde escoller a que mellor se adapte as súas demandas. A creación do Banco Local de Aluger Empresarial é unha iniciativa pública, que non busca subsituír, en absoluto, ás empresas do sector dedicadas ao aluguer, senón complementala coa creación dunha ampla base de datos que permita ofrecer información aos empresarios interesados en instalarse no municipio de Verín.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 771 772 773 774 775 776 Seguinte > Final >>

Páxina 775 de 776
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>