Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín presenta as bases de participación da primeira edición do concurso gastronómico “Pincha no Lázaro”
O Concello de Verín presenta as bases de participación da primeira edición do concurso gastronómico “Pincha no Lázaro” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Febreiro 2024 14:16

O Concello de Verín vén de publicar as bases de participación da primeira edición do concurso gastronómico "Pincha no Lázaro". O mesmo, destinado á participación de todo o tecido hostaleiro da vila, terá lugar nos días 14, 15 e 16 de marzo, coincidindo coa celebración das festas patronais de San Lázaro.


Segundo explicou Manuel Lorenzo, responsable do área de Feiras, Transportes e Xuventude, esta iniciativa ten como principal obxectivo dinamizar o sector hostaleiro do municipio e promover a rica e variada oferta gastronómica local. «Buscamos por en valor a creatividade culinaria dos participantes e fomentar o turismo gastronómico na nosa vila».

A temática dos pinchos é libre e os prezos das elaboracións gastronómicas serán de 2,50 euros. Poderase presentar un só pincho por establecemento hostaleiro, sendo obrigatorio que cada participante envíe á organización unha foto do seu prato para a súa posterior promoción a través das redes sociais municipais.

Para formalizar a inscrición, os establecementos hostaleiros deben enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou un whatsapp ao número de teléfono 687 584 342 cos seguintes datos: nome do establecemento hostaleiro, nome e apelidos e teléfono da persoa responsable, unha foto do pincho e un nome para o mesmo. A data límite para a inscrición será o día 5 de marzo ata ás 20:00 horas.

Os restaurantes e bares participantes recibirán unhas papeletas numeradas que entregarán con cada consumición aos seus clientes. O xurado será popular, indicando cada persoa a súa valoración (1 a 5 puntos) do pincho e entregándoa nun buzón que terán á súa disposición todos os locais adheridos ao concurso.

Entre todas as papeletas depositadas sortearanse unha cesta de produtos da comarca e un bono de 100 euros para gastar en calquera dos establecementos da hostalería que participaron no primeiro concurso "Pincha no Lázaro" de Verín. O establecemento hostaleiro gañador recibirá un diploma acreditativo de ser campións do primeiro concurso gastronómico do Lázaro. O sorteo terá lugar o domingo 17 de marzo na Feira do Lázaro.


Descarga aquí as bases de participación

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>