Convocatoria para procesos selectivos profesores secundaria, fp e mestres Imprimir
Mércores, 20 Abril 2016 11:18


Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da ORDE do 4 de abril de 2016 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Toda a información no seguinte enlace

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada na planta baixa do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.