Cursos de natación precoz para nenos de Preescolar na Casa Imprimir
Xoves, 20 Xaneiro 2011 10:49

A Piscina Climatizada de Verín organiza un curso para nenos, de 6 meses a tres anos, pertencentes a Asociación Preescolar na Casa.

O mesmo, no que participan nove nenos/as, desenvólvese entre os meses de xaneiro a xuño nas instalación da propia piscina. Este curso de natación precoz para bebés, realizado os luns de 16.30 a 17 horas, ten como obxecto habituar ao/á neno/a a estar en contacto coa auga para mellorar a súa habilidade motriz acuática e reforzando a súa personalidade e independencia.

Esta actividade, guiada por un monitor, os/as nenos/as entran en contacto coa auga da man dos seus pais e nais, que acoden a clase, o que permite no só potenciar a relación afectiva entre eles senón tamén obter os seguintes beneficios para os/as máis pequenos/as: desenvolver habilidades vitais de supervivencia, fortalecer o corazón e os pulmóns, axudar ao sistema inmunolóxico, aumentar a forza e resistencia, estimular a axilidade e coordinación, así como o coeficiente, relaxación, conciencia e estado de alerta, iniciar a socialización sen traumas nun ambiente recreativo e incrementar a súa seguridade.