Cincuenta participantes na Fase Local do Torneo de Natación Imprimir
Domingo, 28 Febreiro 2010 13:21

Un total de cincuenta nenos/as de Verín participaron, o pasado 27 de febreiro, na Fase Local do Torneo de Natación organizado por Xogade (Xogos Galegos Deportivos)  e o Servizo de Deportes do Concello de Verín.

Albún de Fotos do Evento

Esta competición estaba dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor -a excepción da Licenza da Escola de Natación-, nas categorías de benxamín -nados nos anos 2000, 2001 e 2002- e alevín -1998 e 1999-, e que competiron individualmente nas seguintes probas: 25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín, 25 metros braza benxamín, 50 metros braza alevín, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín, 4x25 metros estilos benxamín e 4x50 metros estilos alevín.

Ao rematar as probas, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o concelleiro de Deportes, Víctor Manuel Baladrón Lamas, entregaron medallas e camisetas a todos/as participantes.

Neste Torneo de Natación terán lugar as seguintes fases: local -realizada o pasado 27 de febreiro-, intercomarcal -segunda quincena de marzo, provincial -segunda quincena de abril- e rexional -só na categoría alevín e no mes de maio de 2010-. Cada fase organizarase nunha xornada única, que dará comezo ás 17 ou ás 10.30 horas, segundo se celebre en xornada de tarde ou mañá. E nas mesmas, cada nadador/a poderá nadar dúas probas individuais e unha de relevos. Nas fases intercomarcal, provincial e galega, participarán os/as nadadores que conseguirán acceso a esta fase -24 mellores marcas individuais por proba e sexo e as 12 mellores marcas en cada proba de relevos da fase anterior-.