Entrega de diplomas do curso ‘Alfabetización Dixital’ Imprimir
Luns, 15 Novembro 2010 14:00

A Casa da Cultura de Verín acolleu, na xornada de hoxe, a entrega de diplomas do curso de ‘Alfabetización Dixital’, organizado pola Fundación Galicia Emigración, en colaboración con Academia Postal e a Oficina de atención ao Inmigrante do Concello de Verín, e na que estiveron presentes o director xerente da Fundación Galicia Emigración, José Manuel Castelao Bragaña, a coordinadora de programas da mesma fundación, Vanessa Ucha Fernández, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e a concelleira de Benestar Social, Luisa Valladares Rodríguez.


Este curso de ‘Alfabetización Dixital’ foi impartido a un total de quince mulleres inmigrantes desempregadas, con cargas familiares e idades comprendidas entre os 22 e 35 anos. O mesmo, destinado a facilitar a procura do primeiro emprego, tivo unha duración de 25 horas e desenvolveuse a pasada semana, de luns a venres, entre ás 9 e 12 horas, na aula de informática da Casa da Xuventude de Verín.