Imprimir

Voltar

Solicitude de Informe de Vivenda para Reagrupación Familiar

Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia da persoa estranxeira que reside legalmente no pais e que quere traer aos seus familiares, cónxugue, descendentes menores de idade, e ascendentes.

No informe tense que facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamiento.

A quen está dirixido

Pode reagrupar e polo tanto solicitar o informe de vivenda:

A persoa estranxeira non comunitaria que resida legalmente en España durante un ano e que teña autorización para residir polo menos por outro ano.

Que teña medios de subsistencia suficientes para atender as necesidades da súa familia unha vez reagrupada.

No caso de reagrupación de ascendentes requírese, que polo menos durante o último ano de residencia en España, transferíranse fondos de forma regular e en cantidade suficiente como para presumir unha
dependencia económica.

No caso de reagrupación de menores Autorización do outro proxenitor para que o menor resida en España.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

Presencialmente

Solicitude de cita na Oficina Municipal de Información ao Inmigrante para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

Por teléfono

Solicitude cita: 988.41.47.76

Documentación requirida

  • Documento que acredite a ocupación da vivenda
    Título que habilite para a ocupación da vivienda (contrato de aluguer, escritura de compraventa, declaración xurada de cesión, etc)
  • Autorización de Residencia e Traballo
    Con unha vixencia mínima dun ano.

Observacións

No prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración deberá emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para resolver a autorización de reagrupación familiar.

Subsidiariamente, a persoa extranxeira reagrupante podrá xustificar o requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta notarial mixta de presenza e manifestacións, no caso de que a Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada.

Preguntas Frecuentes:

Requisitos xerais para a reagrupación familiar.

Requisitos da vivenda.

Cómo legalizar os documentos do país de orixe.

Familiares reagrupables.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados
  • Avda. de Portugal (Casa da Xuventude)
    Teléfono: 988 41 14 76
    Fax: 988 41.22.59
    Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

    Horario:

    De 9:30 a 14 horas de luns a xoves.

    De 16:00 a 18:00 Martes e Xoves.

Lexislación relacionada

  • Lei de Estranxería Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e súa integración social. Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e súa integración social.
  • Regulamento de Estranxería Real Decreto 2393/2004 do 30 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de execución da LO 4/2000.. Real Decreto 2393/2004 do 30 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de execución da LO 4/2000.
  • Directiva Europea: Dereito á Reagrupación Familiar Directiva 2003/86/ce, do 22 de setembro do 2003, do Consello: Dereito á Reagrupación Familiar.. Directiva 2003/86/ce, do 22 de setembro do 2003, do Consello: Dereito á Reagrupación Familiar.