Imprimir

Voltar

Informe de Inserción Social dun Estranxeiro (Arraigo Social)

Informe emitido polo Concello, imprescindíbel por lei, como parte da documentación necesaria para regularizar a estancia en España das persoas estranxeiras.

Neste informe débese facer constar o tempo de permanencia da persoa estranxeira en España e concretamente en Verín, os medios de vida cos que conta, o seu coñecemento das linguas que se utilicen na seu contorno (galego e español), o seu coñecemento e inserción nas redes sociais da seu contorno, os programas de inserción sociolaboral en que participe e calquera outro extremo que determine o seu grado de arraigo no municipio.

A persoa estranxeira deberá acreditar documentalmente todos os datos anteriores e en base a eles emitirase o Informe cunha Valoración favorable ou desfavorable sobre o seu grado de inserción.

A quen está dirixido

Estranxeiros que cumpran os seguintes requisitos:

- Residencia continuada en España de polo menos 3 anos demostrables.

- Oferta de emprego cunha duración mínima de 1 ano e con xornada laboral de 40 horas semanais ou acreditación de medios de vida.

- Carecer de antecedentes penais tanto en España como no país de orixe.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

Presencialmente

Solicitude de cita na Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

Por teléfono

Solicitude cita: 988.41.47.76

Observacións

Preguntas Frecuentes:

Requisitos necesarios para regularizarse por arraigo

Documentos que se poden presentar para probar a inserción social

Condicións ou requisitos da oferta de emprego

Cómo e onde legalizar e no seu caso traducir o certificado de penais do seu país.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes
Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo
O horario de atención ao público é:
Mañás: De luns a xoves, de 09:30 a 14:00.
tardes : Martes e Xoves de 16:00 a 18:00

Lexislación relacionada

  • Lei de Estranxería Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e súa integración social. Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e súa integración social
  • Regulamento de Estranxería Real Decreto 2393/2004 do 30 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de execución da LO 4/2000.. Real Decreto 2393/2004 do 30 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de execución da LO 4/2000

Trámites relacionados