Xornada formativa para persoas inmigrantes en materia de consumo en Verín Imprimir
Luns, 21 Novembro 2011 13:59

A Casa da Xuventude de Verín acolleu hoxe unha Xornada formativa para persoas inmigrantes en materia de consumo (Programa Brandán), realizada entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Instituto Galego de Consumo, e coa colaboración do Concello de Verín.


Esta xornada buscaba informar sobre a protección dos dereitos dos/as consumidores/as e usuarios/as, a resolución de conflitos e determinadas cuestións que afectan especialmente aos consumidores/as. Ao longo da xornada realizouse un itinerario formativo no que os asistentes participaron en dúas sesións: unha de dereitos e deberes e a outra a escoller entre compras en internet (coñecer os criterios de seguridade nas compras a través da rede, diferenciar entre sitios seguros e sitios que non o son, así como coñecer os dereitos cando se merca na rede) ou tarificación eléctrica (coñecer as diferentes tarifas eléctricas e as vantaxes en función das circunstancias persoais).