Imprimir

Voltar

Solicitude do Número de Identificación Estranxeiros (NIE)

O Número de Identificación de Estranxeiros é un número persoal, único e exclusivo de carácter secuencial, outorgado pola Oficina de Estranxeiros. Este número non habilita a residir en España, pero será necesario para todo tipo de trámites de expedientes, actuacións oficiais ou ben por intereses económicos ou profesionais.

O NIE é imprescindible para realizar calquera transacción económica como abrir unha conta bancaria, establecer un negocio, para comprar unha vivenda ou un coche, para facer a declaración de impostos ou para calquera formulario de solicitude administrativo inherente á oficina de estranxeiros.

Como facelo

Presencialmente

O número de identificación de estranxeiros é outorgado de oficio, é dicir de forma automática pola dirección Xeral de Policía a todo estranxeiro que se lle inicie un expediente administrativo; ou ben pode solicitarse sempre que se acredite o porqué da petición.

- Solicitude do N.I.E desde España: Presentarase persoalmente polo interesado ante a Oficina de Estranxeiros ou no seu defecto na Comisaría de Policía do lugar no que teña fixado o seu domicilio. Iso, en base ao artigo 11 da Lei Orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá ou polo representante designado polo solicitante, acreditando que este se acha fóra do territorio nacional.

- Solicitude do N.I.E desde fóra de España : Presentarase persoalmente polo interesado na misión diplomática ou oficina consular española correspondente á súa demarcación de residencia.

O NIE é obrigatorio retiralo persoalmente.

Documentación requirida

Observacións

Ao ingresar en España, xa sexa como turista ou cun visado, atópase en situación regular de estancia. Como turista ten un máximo de 90 días e con visado o tempo de vixencia do mesmo. Antes de que finalice a súa estancia solicite o NIE xustificando os motivos da petición, despois non poderá facelo ata regularizar a súa situación.

O NIE non pode ser renovado, porque é un número único de identificación de estranxeiros que se outorga só unha vez e serve para realizar calquera tramite.

Se solicita o NIE atopándose en situación irregular pode ser motivo de apertura de expediente e sanción con consecuencias non desexadas.

Oficinas

  • Oficina de Estranxeiros
Subdelegación do Goberno
Parque de San Lazaro, 1
32001 Ourense
Tfno: 988.75.91.21 - 988.75.91.17

Trámites relacionados