Imprimir

Voltar

Solicitude de Informe de Vivenda para Regularización de Menores

Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia do reagrupante no que se deberá facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento.

Este informe é un dos documentos que se deben de achegar á solicitude de autorización de residencia por reagrupación familiar.

A quen está dirixido

As persoas estranxeiras menores de idade ou incapacitadas non nacidas en España que ben sexan fillos/as de españois ou de estranxeiros/as residentes legais en España, ben estean suxeitas legalmente a tutela dun/ha cidadán/a ou institución españois ou dunha persoa estranxeira residente legal en España:

- Poden obter autorización de residencia cando se acredite a súa *permanencia continuada en España durante un mínimo de 2 anos.

- Os seus pais ou titores deben cumprir os requisitos de medios de vida e aloxamento esixidos para exercer o dereito á Reagruapción Familiar.

- Cando os menores se atopen en idade de escolarización obrigatoria, deberase acreditar adicionalmente que estiveron matriculados nun centro de ensino e asistido regularmente a clase.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

Presencialmente

Mediante solicitude de cita na Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista coa técnico/a correspondente.

Por teléfono

Mediante solicitude de cita nos teléfonos: 988.41.47.76

Documentación requirida

  • Documento que acredite a ocupación da vivenda
    Título que habilite para a ocupación da vivenda (contrato de aluguer, escritura de compravenda, declaración xurada de cesión, etc)
  • Autorización de Residencia e Traballo
    Do proxenitor do menor, cunha vixencia mínima dun ano.
  • Xustificante de Residencia en España
    Continuada de ao menos 2 anos.
  • Xustificante de Escolarización do Menor
    No caso de atoparse en idade de escolarización obrigatoria.

Observacións

No prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración Local deberá emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para resolver a autorización de reagrupación familiar.

Subsidiariamente, a persoa solicitante poderá xustificar o requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta notarial mixta de presenza e manifestacións no caso de que a Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada.

Preguntas Frecuentes:

Requisitos xerais para a regularización de menores.

Requisitos da vivenda.

Como legalizar os documentos do país de orixe.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados
  • Avda. de Portugal (Casa da Xuventude)
    Teléfono: 988 41 14 76
    Fax: 988.41.22.59
    Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

    Horario:

    De 9:30 a 14 horas de luns a xoves.

    De 16:00 a 18:00 Martes e Xoves.

Lexislación relacionada

  • Lei de Estranxería Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e súa integración social.
  • Regulamento de Estranxería Real Decreto 2393/2004 do 30 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de execución da LO 4/2000..