Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral Imprimir
Luns, 18 Novembro 2013 12:04

Desde o Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal do servizo municipal de Educación Familiar infórmase da publicación da resolución do 6 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Convócase o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, nas seguintes unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais :

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 500 prazas. Inscrición ata o 13 de decembro.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 500 prazas. Inscrición ata o 13 de decembro
- Servizos para o control de pragas: 100 prazas. Inscrición ata o 13 de decembro
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 300 prazas. Inscrición dende o 1 a 31 de marzo de 2014.
- Socorrismo en instalacións acuáticas: 300 prazas. Inscrición dende o 1 a 31 de marzo de 2014.
 Información xuvenil : 100 prazas. Inscrición ata o 13 de decembro.

Hai dúas vías de inscrición:

- Solicitantes que acrediten experiencia laboral.
- Solicitantes que acrediten formación non formal.

Máis información e inscrición no Punto de Información e Asesoramento Educativo Municipal do servizo municipal de Educación Familiar (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal-11 bis, no teléfono 988-414776 ou no correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).