Entrega de diplomas do curso “Mediación e xestión de conflitos' Imprimir
Martes, 11 Xuño 2013 13:07

O venres 14 de xuño, a partir das 20 horas, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a entrega de diplomas do curso “Mediación e xestión de conflitos”, organizado entre os meses de abril e marzo, polo centro asociado da Universidad Nacional a Distancia (UNED) en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.

No acto participarán o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, director da UNED en Ourense, Jesús de Juana,  director do curso, Tiberio Feliz, e coordinador do mesmo, Miguel Guerra Rodríguez.     

O curso 'Mediación e xestión de conflitos', no que tamén colaborou o CDR Portas Abertas e Foro La Región, tivo por obxecto identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; así como coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito.  

Entre as actividades realizadas ao longo do mesmo atopáronse relatorios sobres saúde mental en adolescentes, bullying e mediación, internet e as novas tecnoloxías; así como obradoiros de novas tendencias no tratamento con drogas nos adolescentes, prevención e abordaxe de conflitos mediante a práctica da mediación, introdución ao coaching, crecemento en autoestima e comunicación familiar, ou bullying, mediación e violencia en imaxes.