Conferencia-coloquio 'Saber vivir e ser feliz, hoxe' en Verín Imprimir
Martes, 22 Xaneiro 2013 13:28

O salón de actos da Casa de Cultura de Verín acolle o xoves 24 de xaneiro, ás 20 horas, a conferencia-coloquio  'Saber vivir e ser feliz, hoxe'  de Bernabé Tierno Jiménez, escritor e licenciado en filosofía, ciencias da educación e psicoloxía.

Na mesma, organizada polo departamento de Educación Familiar e o Foro La Región, abordaranse as claves para  o benestar e o desenvolvemento persoal a calquera idade, a través do potenciamento dos aspectos positivos que axuden a vivir dun modo máis optimista. Ademais, o escritor presentará o seu libro Vademecum del optimista, unha compilación de 365 reflexións cos principios da intelixencia emocional para afrontar o noso día a día, acompañadas de pensamentos e reflexións dos pensadores e sabios de todos os tempos.

A conferencia  'Saber vivir e ser feliz, hoxe' será inaugurada polo rexedor Juan Manuel Jiménez Morán e presentada pola educadora social y familiar de Verín, Ángeles González Villar, e está dirixida a toda a poboación, familias, educadores ou novos emprendedores.