Máis dun centenar de persoas participan no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeracionais” Imprimir
Venres, 30 Setembro 2011 17:03

O rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, inaugurou esta tarde o curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, e no que participan máis de 130 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e o norte de Portugal.


Durante a súa intervención, na que estivo acompañado pola  inspectora de Educación Patricia Gens Autrán e o profesor Miguel Guerra Rodríguez, subliñou que se trata dun curso que “pretende asentar unha primeira pedra para entender a problemática da situación actual, as súas causas e orixes, as súas posibles alternativas e solucións e a súa previsible evolución futura”. Ademais, o rexedor verinense engadiu que o mesmo trata de “reflectir a preocupación social existente, pola axeitada educación actual e a óptima integración futura dos nosos nenos e nenas na sociedade, e para iso nada mellor que comezar pola mellora e perfeccionamento da formación dos profesionais, encargados de avaliar o conflito, e de velar pola súa solución”.

A continuación o Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, no que se desenvolverán as primeiras sesións de devandito curso, acolleu o relatorio de Patricia Gens Autrán e o obradoiro 'Aportacións da psicoloxía evolutiva á praxe educativa' de Miguel Guerra Rodríguez.

Mañá 1 de outubro, tamén no mesmo lugar pero de 9 a 14 horas, Guerra Rodríguez realizará o obradoiro  'A psicoloxía da educación no século XXI'. Devandito curso está dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito. Así como, desenvolver as destrezas básicas necesarias para a aplicación de estratexias que faciliten o aprendizaxe de condutas positivas no entorno familiar, escolar e social.

As restantes xornadas previstas no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais” son as seguintes:

Venres, 07 de outubro de 2011(Centro Desenvolvemento Cooperativo de Verín)
- De 16 a 21 horas: obradoiro  'Comunicación asertiva entre xeracións', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.
Sábado, 08 de outubro de 2011(Centro Desenvolvemento Cooperativo de Verín)
- De 09 a 14 horas: obradoiro  'Traballar coas familias desde a escola', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultad de Educación Social UNED.

Venres, 04 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencia  'Pais con fillos adolescentes: contigo aprendín', a cargo de Isabel Saz Martín, psicóloga do programa SOS Adolescentes de Cuatro.

Venres, 11 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencia  'Pais e fillos en conflito', a cargo de Javier Urra Portillo, psicólogo, pedagogo, terapeuta e Primeiro Defensor do Menor.

Sábado, 12 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 12 a 14.30 horas: mesa redonda 'Os límites na educación dos/as menores: situación actual e perspectiva de futuro'. Modera: Javier Urra Portillo. Participan: Susana López Abella, secretaria xeral de Familia e Benestar, Fernando Alañón Olmedo, presidente da Audiencia de Ourense, José Manuel Ucha López, fiscal de menores, Fernando Serrulla Rech, médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Venres, 18 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencias  'Educación intercultural e negociación de conflitos', a cargo de Américo Nunes Peres, Ciencias da Educación e delegado reitor UTAD-Chaves (Portugal), e 'A música como mellora das relacións interxeracionais', a cargo de Agostinho Diniz Gomes, Ciencias Didácticas Especiais/Expresión Musical e vicedirector Educación Básica UTAD.

Sábado, 19 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 9 a 11.30 horas: obradoiro  'Marco lexislativo en materia de menores, modelos de familia e acollemento residencial como recurso especializado de protección', a cargo de Sara Salgado Pérez, psicóloga do Centro de Menores de Montealegre.
- De 11.30 a 14 horas: obradoiro  'Os animais de compañía como elemento de integración, socialización e ensinanza de valores', a cargo de Roberto Estévez, psicólogo da Asociación Española de Antrozooloxía.

Venres, 2 de decembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 16 a 21 horas: obradoiro  'Interculturalidade nas aulas', a cargo de José Losada Enríquez, educador social do Concello de Xinzo da Limia, e Luis Fernández López, director do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.