Cincuenta nenos/as verinenses participan no campamento do Invernadeiro 2014 Imprimir
Luns, 25 Agosto 2014 12:13

Unha expedición de cincuenta nenos/as, con idades comprendidas entre os 9 e 15 anos, participan desde hoxe ao sábado 30 de agosto no campamento do Parque Natural do Invernadeiro 2014.


Devandita iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os nenos/as coñezan a natureza, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os/as mozos/as e co entorno.

Por este motivo, e co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e conservación da fauna e flora,  estes/as rapaces/zas realizarán, a través do xogo e a diversión,  rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia.