'Igualdade todos os días' na Ludoteca de Verán Imprimir
Xoves, 21 Agosto 2014 13:17

A Oficina Municipal de Información Xuvenil e o CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Verín organizan o vindeiro luns 25 de agosto a actividade “Igualdade todos os días” na Ludoteca de Verán - Campamento Urbano.


A igualdade é un traballo en equipo onde nenos e nenas deben lograr un equilibrio na vida diaria (familia, escola, amistades). Por este motivo, nesa xornada traballarase o que é ser home e muller, as diferencias biolóxicas, pero logo a construción coma persoas en igualdade. Os/As menores farán un mural onde se plasmarán mensaxes como: compartir responsabilidades, valores e actitudes igualitarias, e linguaxe non sexista.

Ademais, daráselle a volta aos contos tradicionais coma a Cenicienta, Bella Durmiente ou Blancanieves, para desmitificar aos príncipes e princesas azuis. Todo isto co obxecto de que os nenos e nenas da Ludoteca traballen diariamente e interioricen a igualdade na súa vida familiar e escolar.

Por outra banda, na xornada de hoxe un total de 25 menores/as participantes  na Ludoteca de Verán - Campamento Urbano realizarán unha acampada nocturna, na que tamén efectuarán xogos de campamento ou busca do tesouro, entre outros.