Os/As menores da Ludoteca de Verán recadan fondos para axudar a unha nena do municipio Imprimir
Martes, 15 Xullo 2014 12:54

Baixo o lema “Valeria, a túa loita é a nosa loita”, os nenos e nenas participantes nesta nova edición da Ludoteca de Verán - Campamento Urbano, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, recadarán fondos destinados ao tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha pequena verinense de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada.

Os/As menores están a elaborar diferentes manualidades como broches, pulseiras, pompóns, ou lapiceiros, entre outros, que serán vendidos durante os meses de xullo e agosto nas feiras que se celebran na vila nas xornadas do 3, 11 e 23.