'Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching' en Verín Imprimir
Martes, 27 Agosto 2013 12:48

O vindeiro 3 de setembro, de 18 a 20 horas, na Casa da Xuventude de Verín terá lugar o 'Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching (un momento para a reflexión nestes tempos axitados)', unha acción formativa no ámbito da educación non formal que ten por obxecto proporcionar aos mozos e mozas ferramentas en temáticas especialmente sensibles para a mocidade galega.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, presenta por terceiro ano consecutivo os obradoiros Activa 2013, acordes ao eixo transversal de formación e información do Plan Estratéxico de Xuventude, e polo que a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín promove este obradoiro, no que experiencias e ideas invitarán á acción e apoirán o desenvolvemento persoal como o único camiño cara ao éxito.

O 'Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching' ten coma obxectivo dar a coñecer os recursos que a Xunta de Galicia ofrece á mocidade, para mellorar a capacitación profesional e o acceso ao mercado laboral. Este obradoiro está destinado aos mozos e mozas de ata 30 anos, os/as animadores/as xuvenís, os/as concelleiros/as de xuventude, as asociacións, os grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude. Os contidos que se impartirán son: Por que morre a xente, que se perde na xungla?, librándonos do pensamento negativo, a diferenza actitudinal, o camiño do éxito e as oportunidades da crise.

Para participar neste obradoiro, co que se recibirá un diploma de asistencia, é necesario inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude (Avenida de Portugal, 11 bis).