Apertura do prazo do inscrición do Campamento do Invernadeiro 2013 Imprimir
Martes, 04 Xuño 2013 13:05

O vindeiro xoves 06 de xuño, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín comezará a tramitar as solicitudes de inscrición para participar nunha nova edición do Campamento do Invernadeiro.


Esta iniciativa, que terá lugar do 26 ao 31 de agosto, permite aos/ás rapaces/zas recibir unha educación ambiental e ecolóxica, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os/as mozos/as e co entorno. Unha iniciativa programada co obxectivo de ocupar o tempo de lecer dos/as rapaces/zas, nun lugar idóneo como é o parque do Invernadeiro, tanto pola súa infraestrutura como polas rutas de sendeirismo, que permite unha inmersión na riqueza ambiental da zona a través do xogo e diversión.

Manutención en réxime de pensión completa, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, materiais necesarios para as actividades, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, seguro de responsabilidade civil e accidentes e atención sanitaria, si fose necesaria, son os dereitos que adquiren os/as mozos/as inscritos/as.

Esta actividade, destinada a mozos/as con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, consta de 50 prazas e a cota é de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 130 euros para non empadroados.