O obradoiro 'Comunícate' chega a Verín Imprimir
Mércores, 07 Novembro 2012 12:19

O vindeiro venres 16 de novembro, de 18 a 20 horas, a Casa da Xuventude acollerá a realización do obradoiro 'Comunícate' dirixido a mozos/as do municipio de Verín.


Este obradoiro, enmarcado no programa Activa da Dirección Xeral de Xuventude e que conta coa colaboración da OMIX de Verín (Oficina Municipal de Información Xuvenil), centrase nas claves comunicativas fundamentais para enfrontarse con solvencia ás necesidades de cada día., é dicir, transmitir e comunicarse con eficacia.

O contido do obradoiro aséntase nas seguintes cuestións: introdución (¿É imposible non comunicarse?, comunicación verbal, comunicación non verbal, a importancia de saber transmitir (¿Para qué sirve a oratoria?), comunicación no grupo, a preparación do discurso (¿Cómo transmitir ideas?), xesticulación, voz, movemento e estratexias para perder o medo escénico.

Os/As interesados/as en participar neste foro deben inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (Casa da Xuventude, Avda. de Portugal, 11 bis), ou chamar ao teléfono 988-414776 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo