Obradoiros, xogos e sendeirismo no campamento do Invernadeiro 2012 Imprimir
Luns, 27 Agosto 2012 12:53

Durante seis días, unha expedición de trinta e tres nenos/as verinenses participaron nunha nova edición do campamento do Invernadeiro, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín.

Ao longo destes días, os menores con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, formaron parte de actividades socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, así como de rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro. Todas elas destinadas a ocupar o tempo de lecer dos/as rapaces/zas, nun lugar idóneo tanto pola súa infraestrutura como polo seu contorno natural, que permitiu unha inmersión na riqueza ambiental da zona a través do xogo e da diversión.

O obxectivo deste campamento, que volverá a repetirse no vindeiro ano, é que os nenos/as reciban unha educación ambiental e ecolóxica, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os/as mozos/as.