Apertura do prazo do inscrición do Campamento do Invernadeiro 2012 Imprimir
Mércores, 04 Xullo 2012 11:21

O vindeiro venres 06 de xullo, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín comezará a tramitar as solicitudes de inscrición para participar nunha nova edición do Campamento do Invernadeiro.

Esta iniciativa permite aos/ás rapaces/zas recibir unha educación ambiental e ecolóxica, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os/as mozos/as e co entorno. Unha iniciativa programada co obxectivo de ocupar o tempo de lecer dos/as rapaces/zas, nun lugar idóneo como é o parque do Invernadeiro, tanto pola súa infraestrutura como polas rutas de sendeirismo, que permite unha inmersión na riqueza ambiental da zona a través do xogo e diversión. Manutención en réxime de pensión completa, materiais necesarios para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro realizadas por biólogos, seguro de responsabilidade civil e accidentes e atención sanitaria, si fose necesaria, son os dereitos que adquiren os/as mozos/as inscritos/as.

Esta actividade, destinada a mozos/as con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, consta de 50 prazas e a cota é de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 120 euros para non empadroados.