Curso de Orientación Laboral en Verín Imprimir
Martes, 13 Decembro 2011 13:10

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín (OMIX), promove a realización dun curso de Orientación Laboral no municipio, dirixido aos/ás mozos/as da comarca.

Devandito curso terá lugar o vindeiro 20 de decembro, de 11 a 13 horas, na Casa da Xuventude de Verín. O obxectivo do mesmo é amosar os recursos destinados a mellorar a capacitación profesional e o acceso ao mercado laboral á mocidade, por parte da Xunta de Galicia.  

O contido deste curso será: introdución sobre as técnicas de busca de emprego, autoavaliación do/a candidato/a (análise DAFO), coñecemento do mercado laboral (posibles xacementos de emprego), medios para atopar emprego, programa Emprende da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, (ferramentas para a busca de emprego), currículo – modelos, carta de presentación e a entrevista de traballo. Os/as asistentes recibirán un diploma de asistencia.

Para participar neste curso é necesario inscribirse na OMIX do Concello de Verín, situada na Casa da Xuventude (Avda. Portugal, 11 bis).