A campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ en Verín Imprimir
Venres, 19 Agosto 2011 11:13

Os/As nenos/as da Ludoteca Municipal participarán o día 23 de agosto, de 12.30 a 13.30 horas, na campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, organizada pola Xunta de Galicia, e á que o Concello de Verín adheriuse co obxecto de fomentar os hábitos saudables.

Os/as cativos/as participarán nunha gymkana de obstáculos con forma de circuíto, que de modo simbólico reflicte a pesca, procesamento do produto, conservación do medio ambiental e clasificación dos peixes e mariscos. Por outra banda, tamén recibirán unha explicación participativa sobre o consumo do peixe, moluscos, crustáceos e mariscos; beneficios das conservas e enerxías que aportan, fomentando as merendas saudables. Ademais participarán nun xogo colectivo no que elaborarán diversas receitas con conservas e, finalmente, degustarán os bocadillos que eles mesmo preparen.

A campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ pretende fomentar os beneficios das conservas de peixes e mariscos entre os/as menores participantes, a través de xogos lúdico-educativos, preparación dos seus propios bocadillos con conservas e explicación da procedencia dos produtos do mar e a súa clasificación, así como as posibilidades que ofrecen no ámbito alimenticio.