Axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade Imprimir
Mércores, 23 Marzo 2011 14:48

Desde o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución de Axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e accesibilidade.

Estas axudas individuais, de caracter non periódico, persoas en situación de dependencia empadroadas en Galicia, co fin de colaborar en determinados gastos realizados no ano 2011, con efectos do 1 de xaneiro, destinados a:
- Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
- Adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda.
- Adquisición de próteses dentais e audífonos.

As persoas beneficiarias:
1. Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis:
- Grao III, niveis 1 e 2.
- Grao II, nivel 1 e 2.
2. Persoas que teñan solicitado o recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta orde, sempre que lles sexa recoñecida en calquera dos graos e niveis anteriores.

Requisitos:
1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Que a axuda solicitada derive do grao e nivel de dependencia recoñecido.
3. Que a axuda solicitada non estea incluída no eido doutras liñas de protección social ou sanitaria, agás o disposto para as persoas en situación de dependenncia
4. Que a renda per cápita da unidade familiar da que forma parte non supere as seguintes cantidades(*):
- Ata o 175% do IPREM  para o ano 2011, cando estea constituída por un só membro.
- Ata o 150% do IPREM cando a unidade familiar estea constituída por dous membros.
- Ata o 125% do IPREM, cando esté constituída por 3 ou máis membros.

Actuacións subvencionables e axudas:
- Adaptación funcional do fogar: ata 3.000 euros.
- Eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda: ata 3.000 euros.
- Próteses dentais: ata 500 euros.
- Audífonos, non previstos no sistema sanitario: 800 euros.
- Axudas técnicas para aseo e hixiene persoal.
- Axudas técnicas para alimentación.
- Axudas técnicas para mobilidade, posicionamento e protección persoal.
- Axudas técnicas para comunicación.
- Produtos de apoio para o acceso ás tecnoloxías da información e comunicación (TIC).
- Axudas técnicas para persoas con discapacidade auditiva.
- Axudas técnicas para persoas con discapacidade visual.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 28 de abril de 2011. Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Servizos Sociais, situada na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11), ou no teléfono 988-414776.