Curso de Salvamento Acuático Imprimir
Venres, 07 Maio 2010 11:01

O departamento de Servizos Sociais-Voluntariado do Concello de Verín promove un Curso de Salvamento Acuático, en colaboración con Cruz Vermella e a Consellería de Traballo de Benestar.

Para participar nesta actividade, de 65 horas de duración e prazas limitadas, é necesario posuír un Curso de Primeiros Auxilios, coñecementos de natación e capacidade de traballo en equipo. Ao finalizar o mesmo, os/as alumnos/as recibirán un diploma oficial acreditativo da Cruz Vermella.

Para máis información e inscricións deben dirixirse á oficina da Cruz Vermella -barrio da Cruz Vermella, 2-, contactar no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 988-411600.