Grupo de Autoaxuda para persoas coidadoras de maiores dependentes Imprimir
Venres, 08 Xaneiro 2010 13:06

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, organiza un Grupo de Autoaxuda entre os coidadores informais de maiores dependentes, como son familiares, para crear un entorno de diálogo, contención de sentimentos e solución de problemas que comparten no seu día a día.  

Este grupo, destinado a un máximo de 20 persoas previa inscrición, ten como obxectivos específicos fomentar a valoración persoal e autoestima dos coidadores, desenvolver técnicas de comunicación co familiar dependente ou promover os dereitos do coidador, entre outros.

Para máis información e inscrición deben dirixirse ás dependencias de Servizos Sociais-Maiores na Casa da Xuventude (Avda. Portugal, 11bis ) ou no teléfono 988-414776.