Inicio do curso ‘Coidador/a de atención no fogar de persoas dependentes’ Imprimir
Luns, 30 Marzo 2009 12:48
O próximo 1 de abril, na Casa da Xuventude, comezará a actuación formativa ‘Coidador/a de atención no fogar de persoas dependentes’, incluída no Proxecto Innova Emprego Ourense. Devandita acción formativa consta de dúas fases, unha de carácter teórico que se estenderá durante 2 meses en horario de 9 a 14 horas; e a segunda, de carácter práctico, cunha duración de tres meses.