Prestación económica de pagamento único por filla/os menores de 3 anos (Xunta de Galicia). Imprimir
Luns, 15 Febreiro 2016 13:23

Desde a área de Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da seguinte axuda destinada a persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) 

Requisitos

Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías).

Contía da axuda:

Pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

 

• Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

• Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

• Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

 

Onde informarse e solicitar:

 

No Centro municipal de Servizos sociais, Avda de Portugal, 11-bis

 (Casa da Xuventude). Verin.

Telf: 988 41 47 76.

 

Prazo: Até o 7 de marzo de 2016.