O concurso 'Dona un Recordo' conmemora o Día Mundial do Alzheimer en Verín Imprimir
Xoves, 04 Setembro 2014 13:50

A área de Servizos Sociais do Concello de Verín promove, con motivo do Día Mundial do Alzheimer (21 de setembro), o concurso 'Dona un Recordo', co obxecto de concienciar sobre esta enfermidade progresiva que afecta a aproximadamente 22 millóns de persoas en todo o mundo, e que unha das principais causas de mortalidade entre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.

O obxectivo do concurso é invitar a todas as persoas que desexen expresar pensamentos, opinións, experiencias e vivencias sobre os recordos preferidos. O formato para participar é libre: relatos, contos, poesías, cancións, contos, vídeos, pinturas e entrevistas. E está destinado a nenos/as, adolescentes, adultos e persoas maiores -sen límite de idade-.

As bases para participar no concurso 'Dona un Recordo' son as seguintes:
1.- O formato de presentación será libre, pódese elixir calquera medio para doar un recordo: vídeos, historias, debuxos, poesías, entrevistas, contos. Os escritos deberán ter un máximo de 2 páxinas de extensión (por unha cara) en letra Times New Roman tamaño 12.

2.- Poderá participar calquera persoa interesada sen límites de idade.

3.- O concurso comeza o 08 de setembro de 2014. Recibiranse recordos ata o 21 de setembro de 2014 ás 12 da noite.

4.- Para entregar as experiencias farase por diversas vías:
- Correo electrónico: ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ): calquera dos formatos. Se é vídeo débese subir a Youtube e achegar o enlace.
- Correo ordinario ou en persoa na seguinte dirección: Casa da Xuventude. Avda. Portugal 11, bis. 32600 Verín (Ourense).
Hai que especificar "Concurso Dona un Recordo" no asunto para diferencialo do resto de recordos e incluílo na participación do concurso.
- Os recordos participantes no concurso serán subidos ao Facebook do Concello de Verín para que poidan ser visualizados por todos/as os/as verinenses.

5.- O xurado do concurso será o equipo que compón o Plan Xerontolóxico Municipal de Verín. Os criterios de selección dos gañadores basearanse na súa funcionalidade, orixinalidade e creatividade. Aqueles materiais que sexan novidosos, entretidos e que supoñan unha utilidade tanto funcional coma empática para os usuarios de Plan Xerontolóxico.

6.- Recoñeceranse tres gañadores e as súas experiencias serán publicadas na páxina web do Concello de Verín en datas próximas ao Día Mundial de Alzheimer. Ademais recibirán un premio material relacionado coa enfermidade de Alzheimer.

7.- O premio material consiste no libro "Hilos de Colores", escrito e ilustrado por Elena Ferrándiz foi editado por Legua Editorial. Parte do recadado coa venda deste libro irá parar á Fundación de Alzheimer España e, ademais este libro, poderá axudar aos pais e nais a que expliquen mellor aos/ás seus/súas fillos/as que lles acontece aos/ás avós/as que padecen esta enfermidade neurodexenerativa.

8.- A publicación dos gañadores farase pública en redes sociais e por correo electrónico aos tres gañadores na semana seguinte ao 21 de setembro de 2013. Para que poidamos poñernos en contacto convosco necesitamos que xunto coas vosas experiencias nos enviedes Nome, Apelidos e dirección de correo electrónico.

9.- Ao aceptar as bases do concurso autorízase á súa vez que o Plan Xerontolóxico Municipal de Verín a publicar na web as experiencias dos participantes gañadores e non gañadores, así como a súa difusión en redes sociais. A política de privacidade e protección de datos é a mesma á utilizada no portal de Concello de Verín.