Xornada 'A enfermidade oncolóxica' na Casa da Cultura de Verín Imprimir
Venres, 09 Maio 2014 13:35

O luns 12 de maio, de 16.30 a 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a xornada 'A enfermidade oncolóxica', organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, coa colaboración do Centro de Saúde de Verín e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín. (Área de Maiores).

Os obxectivos deste xornada son aproximar aos participantes as nocións básicas sobre as enfermidades oncolóxicas, a prevención e os coidados, así como adquirir habilidades de manexo das reaccións emocionais e situacións de crise.  

O programa da mesma presenta aspectos básicos das enfermidades oncolóxicas, prevención nos coidados, procesos de adaptación e impacto emocional e a comunicación no manexo de situacións de crise. A  xornada 'A enfermidade oncolóxica', dirixida a pacientes, familiares, coidadores e familia en xeral, será impartida por unha enfermeira da unidade de Oncoloxía da EOXI de Ourense e unha psicóloga da Asociación Española Contra o Cáncer (AECC).